venres, 6 de novembro de 2015

Adolphe Sax


Hoxe fai 201 anos que naceu Adolphe Sax, un famoso fabricante de instrumentos belga e que é coñecido como o inventor do "Saxofón".Estivo fascinado de inventar un instrumento de vento cun timbre parecido aos de corda pero con máis intensidade e máis forza.

martes, 22 de abril de 2014

All that jazz: o swing e as músicas do s.XX

Benvidos amiguiños.
Nalgúns cursos estamos a practicar o SWING e aprendendo algunhas cousas sobre a música JAZZ. Clicando na seguinte imaxe poderedes acceder a unha aplicación web moi interesante sobre o SWING e algúns xéneros misicais de comezos do século XX a partires dos cales xurdiu o JAZZ.
Neste enlace, ademáis dunhas breves explicacións sobre estes xéneros tamén atoparedes actividades e pasatempos.
Agardo que o disfrutedes. Apertas musicais.
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1338890522/contido/musemov.html

martes, 18 de febreiro de 2014

Coplas de Antroido

Benvidos, amig@s de Manueliño García, unha vez máis ó blog da aula de música do C.E.I.P. Mestre Manuel García de Stª. Mª de Oia.
   Nesta ocasión querémosvos falar das "COPLAS DE ANTROIDO", unha tradición máis das que se poñen en práctica na nosa querida Galicia nestas datas tan festeiras. As "coplas de antroido" consisten en cancións que a xente inventa para cantar , xa sexa en grupo ou como solistas, acompañados de instrumentos ou " a capela" (sen acompañamento instrumental). O típico é que as letras destas cancións falen de temas da actualidade cun ton satírico-cómico (o que no ámbito das cantigas medievais se chamaría "de escarnio e maldecir") e que sexan interpretadas por murgas ou comparsas, que son grupos de persoas disfrazadas.
    A importancia desta tradición ven sendo ano tras ano constatada pola multitude de festivais e concursos que se celebran nos diversos municipios da nosa comunidade. Ademáis, non é unha tradición que se da so en Galicia, senon que é típica tamén noutros lugares de España e incluso do mundo, as veces con pequenas diferencias u outros nomes, como é o caso das famosísimas CHIRIGOTAS de Cádiz.
   No youtube podedes atopar centos de actuacións de comparsas, murgas e chirigotas onde poderedes escoitar algunhas destas coplas de antroido, e no enlace que vos deixo a continuación poderedes descargar o manuscrito dunha copla que ten xa máis de 100 anos. É un manuscrito e ten moitas faltas de ortografía, polo que non é doada a súa lectura, pero non deixa de ser interesante botarlle unha ollada. Ademáis seguro que coa axudo dos vosos maiores (nais, pais, avós, etc.) poderedes entender algunhas partes.

UN MANUSCRITO ENTROIDEIRO
 
Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
, polo que podemos estar bastante seguros da descarga deste archivo, así que vos animo a descargalo e intentar transcribir* algunhas das súas partes.
Que disfrutedes moito deste entroido 2014. Apertas!!!! ;)

* Escribilas de forma comprensible correxindo os posibles erros.